Estudo de necesidades formativas e ocupacionais

Tendo en conta o Plan de Traballo deste órgano consultivo (establecido no Decreto 25/2008 do 15 de maio), así como a demanda do persoal técnico que traballa no territorio do Pacto do Salnés, realizouse un Estudo de necesidades formativas e ocupacionais das empresas que desenvolven a súa actividade nos seis sectores con maior volume de emprego. Isto é:

– Pesca e acuicultura

– Industria de alimentación e bebidas

– Construción

– Comercio polo miúdo

– Hostalaría

– Outras actividades empresariais

A estrutura desta investigación, fundamentada na realización de 36 entrevistas en profundidade a empresas, preséntase en oito apartados que facilitan a súa lectura, segundo o interese que se teña nun ou noutro sector. Malia todo, recomendamos a lectura do primeiro dos documentos que dá conta dos obxectivos, metodoloxía e fases da presente investigación, tendo así unha aproximación máis certera do estudo realizado.  

Descarga ÍNDICE, INTRODUCIÓN, OBXECTIVOS, METODOLOXÍA E ANÁLISE DE RESULTADOS (1,62 MB)

Descarga resultados SECTOR PESCA E ACUICULTURA (3,25 MB)

Descarga resultados SECTOR INDUSTRIA DA ALIMENTACIÓN  E BEBIDAS (3,76 MB)

Descarga resultados SECTOR CONSTRUCIÓN (2,72 MB)

Descarga resultados SECTOR COMERCIO POLO MIÚDO (3,49 MB)

Descarga resultados SECTOR HOSTALARÍA (2,92 MB)

Descarga resultados SECTOR OUTRAS ACTIVIDADES EMPRESARIAIS (2,83 MB)

Descarga CONCLUSIÓNS E ANEXOS (2,82 MB)

Advertisements

Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI)

A proposta do Consello Escolar Municipal de Vilagarcía de Arousa, o Pacto realizou unha priorización dos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) segundo o seu grado de inserción no mercado laboral, aplicable ao conxunto do ámbito territorial do Pacto do Salnés. A priorización centrouse no catálogo de PCPI que fai referencia á modalidade C, ordenando os distintos perfís segundo un conxunto de variables cuantitativas.

A continuación, amósase o documento que dá conta da metodoloxía empregada e do resultado da referida priorización.

Descarga (107 KB)

Informe de Paro Rexistrado_maio 2010

O paro descendeu no mes de maio en 326 persoas (-2,66%) no ámbito territorial do Pacto do Salnés.  En tódolos concellos que integran o Pacto experimentáronse descensos, se ben os máis significativos foron os de Catoira cunha diminución do 8,93% (-36 persoas) e Sanxenxo do 7,30% (-108 persoas).

Descarga (1,19Mb)

Informes de Paro Rexistrado por concellos – Abril 2010

Xa están dispoñibles para a súa descarga os Informes de Paro para cada un dos concellos que integran o Pacto do Salnés, cos últimos datos do mes de abril.

No seguinte vínculo, pódese acceder directamente a eles:

Informes de Paro por Concellos

Informe Paro Rexistrado – abril 2010

 O desemprego no mes de abril, tivo no conxunto do ámbito territorial do Pacto do Sálnés un comportamento positivo, experimentando un descenso do 2,21% (-277 persoas), e cifrando así a poboación parada rexistrada en 12.267 persoas. No mapa obsérvase a evolución, respecto do mes anterior, de cada un dos concellos.

Descarga Informe de paro do Pacto do Salnés (1,01Mb)

Informe Paro Rexistrado – marzo 2010

Dispoñible para a súa descarga o Informe de paro rexistrado do Pacto do Salnés, para o mes de marzo

Descarga (1,01 Mb)

Avance Paro Rexistrado marzo 2010

No conxunto dos concellos que integran o Pacto do Salnés o paro descendeu en 203 persoas respecto do mes anterior, o que en porcentaxe significaría unha diminución do 1,51%. Deste xeito, as cifras de desemprego sitúanse en 12.544 persoas.

Os descensos de paro producíronse fundamentalmente en O Grove en 121 persoas (- 9,41%), Meaño en 35 persoas (- 6,35%), Sanxenxo en 100 persoas (-6,13%), Cambados en 45 persoas (- 3,08%) e Vilanova de Arousa en 1 persoa (- 0,10%).